Resolución conxunta, do 1 de setembro de 2021, das Consellerías de Cultura,
Educación e Universidade e de Sanidade pola que se aproba o “Protocolo de
adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros de ensino non universitario de
Galicia para o curso 2021-2022”.
O acordo do Consello da Xunta do 12 de xuño de 2020 (modiicado por acordo do
Consello da Xunta do 25 de xuño de 2020), sobre medidas de prevención necesarias
para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a
fase III do Plan para a transición cara unha nova normalidade, estableceu previsións
especiicas para os centros educativos.
Con data do 13 de xuño de 2020 publicouse o Decreto polo que se declara a
superación da fase III do Plan para a desescalada das medidas extraordinarias
adoptadas para facer fronte á pandemia do COVID-19, aprobado mediante o Acordo
do Consello de Ministros do 28 de abril de 2020 e, polo tanto, a entrada na nova
normalidade, con efectos desde as 00.00 horas do día 15 de xuño de 2020.
Con data 22 de xullo de 2020 adoptouse a resolución conxunta das consellerías de
Educación, Universidade e Formación Profesional e de Sanidade pola que se aproba o
Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 para o inicio do desenvolvemento
da actividade lectiva no curso académico 2020/2021 nos centros de ensino non
universitario de Galicia.
O 2 de xuño de 2021 o Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde
adoptou, en coordinación coa conferencia sectorial de educación, a declaración de
actuacións coordinadas en saúde pública fronte á Covid-19 para centros educativos
durante o curso 2021-2022.
Posteriormente publícase a “Orde comunicada da ministra de sanidade, de 4 de xuño
de 2021, mediante a que se aproba, en Coordinación coa conferencia sectorial de
educación, a declaración de actuacións coordinadas en saúde pública fronte á Covid-
19 para centros educativos durante o curso 2021-2022”.
CVE: NfTvTqlVH1
Verificación: https://sede.xunta.gal/cve
Asinado por: RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, ROMÁN
Cargo: Conselleiro
Data e hora: 01/09/2021 10:45:49
click to sign
signature
click to edit
click to sign
signature
click to edit
click to sign
signature
click to edit
Finalmente, o 29 de xuño de 2021, os ministerios de sanidade e de educación e
formación profesional actualizan o documento de “Medidas de prevención, hixiene e
promoción da saúde fronte á Covid-19 para centros educativos no curso 2021-2022”.
Na súa virtude, en aplicación do punto quinto do Acordo do Consello da Xunta de
Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer
fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do
Plan para a transición cara a unha nova normalidade, e na condición de autoridade
sanitaria conforme o artigo 33 da Lei 8/2008, do 10 de xullo,
RESOLVEMOS:
Artigo primeiro.
Aprobar o Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros de ensino
non universitario de Galicia para o curso 2021-2022, co texto que igura como anexo
I.
Artigo segundo.
O protocolo obxecto de aprobación pola presente resolución será plenamente
aplicable desde a data da súa publicación na páxina web da Conselleiro de Cultura,
Educación e Universidade https://www.edu.xunta.gal/portal/ ata o levantamento da
declaración de situación de emerxencia sanitaria de interese galego efectuada polo
Acordo do Consello da Xunta do 13 de marzo de 2020.
Non obstante o anterior, o protocolo será obxecto de revisión e adaptación continua
atendendo á evolución da situación sanitaria, co in de garantir a súa adecuación ás
obrigas ou recomendacións sanitarias existentes en cada momento.
Artigo terceiro.
A persoas titulares da dirección xeral competentes en materia de saúde pública,
como autoridade sanitaria, e da secretaría xeral técnica competente en materia de
educación, poderán adoptar as medidas necesarias para o desenvolvemento e a
CVE: NfTvTqlVH1
Verificación: https://sede.xunta.gal/cve
Asinado por: RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, ROMÁN
Cargo: Conselleiro
Data e hora: 01/09/2021 10:45:49
aplicación deste protocolo, así como as medidas complementarias que sexan
precisas de acordo coas circunstancias.
No portal https://www.edu.xunta.gal/portal/ darase publicidade ás sucesivas
versións do protocolo revisado ou adaptado atendendo á evolución da situación
sanitaria, segundo o previsto na presente resolución conxunta.
Artigo cuarto.
Esta resolución entrará en vigor o día da súa publicación.
Santiago de Compostela, data da súa sinatura dixital
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade Conselleiro de Sanidade
ANEXO I
Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros de ensino non
universitario de Galicia para o curso 2021-2022.
Publicado na súa integridade no seguinte enderezo web
https://www.edu.xunta.gal/portal/
CVE: NfTvTqlVH1
Verificación: https://sede.xunta.gal/cve
Asinado por: RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, ROMÁN
Cargo: Conselleiro
Data e hora: 01/09/2021 10:45:49
Asinado por: GARCIA COMESAÑA, JULIO
Cargo: Conselleiro de Sanidade (Xunta de Galicia)
Data e hora: 01/09/2021 11:20:01
click to sign
signature
click to edit